Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de 2008

Entrevista ao mellor cociñeiro de Lugo

Co gallo do IV Concurso de Tapas do Concello de Lugo , realízanlle unha entrevista na Radio Galega a Miguel Vizoso , cociñeiro d'A Mariña luguesa que acaba de crear a tapa conceptual "Nordés". Aquí podes escoitar a entrevista íntegra no programa O tren do serán do luns, 15 de setembro do 2008: --> Escoitao aquí na páxina web do programa... O autor, como A arribada nordestina , plasma así os conceptos que o levaron a crear a tapa para o Restaurante Ofigón de Lugo: NORDÉS Lousas surfeiras do nordés que con escuma salgada son devoltas polo ar do Xistral namarino con caldos romanos da Ribeira Sacra. Carne de Thunnus alalunga que agroma polos canóns do Sil deitado en caviar de ourizo e algas traídos en barcas de pedra desde o Mare Cantabricus para degusto de Lucus Augusti . A arribada nordestina.

Galego na rede: apoio ás aulas

Tes que ver estas páxinas sobre o galego (vocabularios e listaxes, gramática, ortografía, estilo e redacción, dúbidas léxicas, etc.): http://www.galegoenlinna.uvigo.es/index.asp Pódenche servir para resolver dúbidas rápidas cando estás conectado no computador pero tamén para sacar textos metalingüísticos (para elaborar apontamentos, exercicios e demais con só copiar e pegar en WORD). OLLO! Para procurar algo introduce no buscador o termo ou ben diríxite ao índice de contidos na parte inferior esquerda da páxina (un sitio nada común para o situaren!). OUTROS RECURSOS DO TIPO NA INTERNET: Xa sei que a Dirección de Política Lingüística ten a preguiza pero aquí comezan a clasificar as cousas . + Actividades de reflexión sociolingüística (materiais para o profesor e para o alumno): E se queres comprobar os dados sobre a mesa !! ademais tes unha fiestra divulgativa en varios idiomas "Loia, guía aberta á lingua galega" do Consello da "Cultura" (que ampla termiñoloxía!)....

Mais este non é o único de-curso que teño entre mans

Podemos ver o nivel de profundidade estrafalaria a que pode chegar alguén a quen lle sobra o tempo para divagar sobre o que non sabe (falo de min, claro ;): [Tirado de " Curso de Expresión escrita para docentes "] Resposta á práctica 1 1. En qué consiste a actividade que denominamos escribir? - Escribir é codificar en símbolos convencionais e aleatorios nun medio distinto á fala as intencións comunicativas e os contidos dunha mensaxe. Así pois ten un carácter eminentemente formal xa que a intención é ser permanente no tempo a través do medio que se emprega e non fugaz e espontáneo como a fala. 2. Escribir ten hoxe o mesmo significado que tiña hai uns anos? - Non. Téndese ao uso maioritario do uso da escrita como eminentemente funcional, esporádica e testemuñal como a transcición ortigráfica dun feito fónico. Mentres que a escrita máis especializada é cada vez usada por menos colectivos específicos e con fins, por outra parte, máis funcionais. Xa non se utiliz...

As primeiras liñas

Pois aquí che estamos... na creazón desta migalla visual para o mundo. Andámosche nun curso sobre o emprego de chuzadamentos , así que máis tarde poñerei algunha afoto e fareille publicidade a algún veterano do lugar por se ma quere devolver. Mais não se vaian embora, ainda há muito mais...