Avançar para o conteúdo principal

Entrevista ao mellor cociñeiro de Lugo

Co gallo do IV Concurso de Tapas do Concello de Lugo, realízanlle unha entrevista na Radio Galega a Miguel Vizoso, cociñeiro d'A Mariña luguesa que acaba de crear a tapa conceptual "Nordés". Aquí podes escoitar a entrevista íntegra no programa O tren do serán do luns, 15 de setembro do 2008:

--> Escoitao aquí na páxina web do programa...

O autor, como A arribada nordestina, plasma así os conceptos que o levaron a crear a tapa para o Restaurante Ofigón de Lugo:

NORDÉS

Lousas surfeiras do nordés

que con escuma salgada

son devoltas polo ar do Xistral namarino

con caldos romanos da Ribeira Sacra.

Carne de Thunnus alalunga

que agroma polos canóns do Sil

deitado en caviar de ourizo e algas

traídos en barcas de pedra desde o Mare Cantabricus

para degusto de Lucus Augusti.

A arribada nordestina.

Comentários