Ver nova anterior sobre o mellor cociñeiro do mundo mundial... e unha delas, claro está, foi "Nordés", como xa era de esperar.
Co gallo do IV Concurso de Tapas do Concello de Lugo , realízanlle unha entrevista na Radio Galega a Miguel Vizoso , cociñeiro d'A Mariña luguesa que acaba de crear a tapa conceptual "Nordés". Aquí podes escoitar a entrevista íntegra no programa O tren do serán do luns, 15 de setembro do 2008: --> Escoitao aquí na páxina web do programa... O autor, como A arribada nordestina , plasma así os conceptos que o levaron a crear a tapa para o Restaurante Ofigón de Lugo: NORDÉS Lousas surfeiras do nordés que con escuma salgada son devoltas polo ar do Xistral namarino con caldos romanos da Ribeira Sacra. Carne de Thunnus alalunga que agroma polos canóns do Sil deitado en caviar de ourizo e algas traídos en barcas de pedra desde o Mare Cantabricus para degusto de Lucus Augusti . A arribada nordestina.