Avançar para o conteúdo principal

Galego na rede: apoio ás aulas

Tes que ver estas páxinas sobre o galego (vocabularios e listaxes, gramática, ortografía, estilo e redacción, dúbidas léxicas, etc.): http://www.galegoenlinna.uvigo.es/index.asp
Pódenche servir para resolver dúbidas rápidas cando estás conectado no computador pero tamén para sacar textos metalingüísticos (para elaborar apontamentos, exercicios e demais con só copiar e pegar en WORD).

OLLO! Para procurar algo introduce no buscador o termo ou ben diríxite ao índice de contidos na parte inferior esquerda da páxina (un sitio nada común para o situaren!).
OUTROS RECURSOS DO TIPO NA INTERNET:
Xa sei que a Dirección de Política Lingüística ten a preguiza pero aquí comezan a clasificar as cousas.

+ Actividades de reflexión sociolingüística (materiais para o profesor e para o alumno):
E se queres comprobar os dados sobre a mesa!! ademais tes unha fiestra divulgativa en varios idiomas
"Loia, guía aberta á lingua galega"
do Consello da "Cultura" (que ampla termiñoloxía!).
+ Váleche para pór en contacto aos alumnos con outros doutras linguas (tamén o portugués): "Punto de encontro - Escríballe a outros estudantes de linguas ou participe nunha conversa".

+ E, finalmente, para lles pasares aos máis postos en informática do centro e así poder galeguizar o Windows e o Office (pero hai que ir pensando en programas de código aberto, meu!).

Tamén o podes compartir co equipo de Dinamización e Normalización Lingüística...

Comentários