Avançar para o conteúdo principal

Mais este non é o único de-curso que teño entre mans

Podemos ver o nivel de profundidade estrafalaria a que pode chegar alguén a quen lle sobra o tempo para divagar sobre o que non sabe (falo de min, claro ;):

[Tirado de "Curso de Expresión escrita para docentes"]
Resposta á práctica 1
1. En qué consiste a actividade que denominamos escribir?
- Escribir é codificar en símbolos convencionais e aleatorios nun medio distinto á fala as intencións comunicativas e os contidos dunha mensaxe. Así pois ten un carácter eminentemente formal xa que a intención é ser permanente no tempo a través do medio que se emprega e non fugaz e espontáneo como a fala.

2. Escribir ten hoxe o mesmo significado que tiña hai uns anos?
- Non. Téndese ao uso maioritario do uso da escrita como eminentemente funcional, esporádica e testemuñal como a transcición ortigráfica dun feito fónico. Mentres que a escrita máis especializada é cada vez usada por menos colectivos específicos e con fins, por outra parte, máis funcionais. Xa non se utiliza tanto para a transmisión e espallamento de ideas ou coñecemento universal senón que o seu uso é moito máis intencionado e difuminador da realidade, isto é, propagandístico. As linguaxes visuais están gañando eidos máis tradicionalmente dos medios escritos.

3. Qué habilidades lingüísticas permiten a produción colectiva?
- Evidentemente aquelas que veñen condicionados por unha necesidade de comunicación, dentro da competencia comunicativa, especialmente a sociolingüistica (saber con quen, en que situación e cal é forma máis adecuada a un contexto nun acto comunicativo) pero tamén a discursiva, xa que con ela sabemos que forma adopta un texto en relación ao interlocutor a quen vai dirixido e o contexo en que se produce e en función da intención comunicativa.

4. É responsábel a escritura da creación das civilizacións modernas?
- En grande medida, xa que favoreceu o espallamento e conservación do pensamento para constituir en si mesma a Historia e así poder falar de estadios evolutivos nestas sociedades.

5. A xente formada domina o proceso de escritura como debería?
- Nin de lonxe. Dominar unha materia non significa obrigatoriamente ser consciente das peculiaridades dos textos habituais no eido do que se é experto, aínda que existe evidentemente o coñecemento e se teñan os mecanismos suficientes para a súa correcta decodificación. Outra cousa é ter ese coñecemento activo e poder reproducilo correctamente. Por outra banda, a especialización nunha materia non sempre vai emparellada dunha formación humanística, o que case sempre conleva un mellor dominio das diferentes e variadas formas e así os procesos da escrita.

Comentários